28 nov 2013

Banda Batallón Mérida de Ourense (Primeira gravación dunha banda galega. 1929)


banda_batallon_merida_ourense
Concerto na Alameda. 1929 é o álbum que recupera as primeiras gravacións realizadas por unha banda de música en Galicia. O privilexio correspóndelle á Banda Batallón Mérida de Ourense, protagonista absoluta desta recompilación que se converte ademais no primeiro álbum que Ouvirmos edita exclusivamente en formato dixital.
Os rexistros sonoros que recolle este disco foron realizados no ano 1929, cando a Banda estaba formada por 25 músicos dirixidos polo mestre Félix Molina, e a casa Regal comercializounos ao prezo de oito pesetas da época, equivalente a cinco céntimos dun euro.
MOSTRAS DE AUDIO


  • Angelines


FICHA TÉCNICA