Gregorio Baudot Puente

GREGORIO BAUDOT
PUENTE [Colmenar Viejo (Madrid), 1884 - Ferrol, 1938]; estudiou no Conservatorio Madrileño, obtendo os premios en Solfeo, Armonía, Frauta e Composición. Tras titularse en
1906, inicia unha carreira como flautista co
Quinteto de Instrumentos de Viento de Pérez Casas, co
que realiza unha importante xira
americana. Ingresa no corpo de Directores de Bandas de Música
Militares e en 1910 é nomeado director da Banda de Infantería de
Marina de Ferrol. O resto da súa carreira vai transcurrir en Galicia, coa
excepción dun
destino en Larache entre 1915 e 1917. A súa
obra, de marcado selo postromántico, inclúe dúas óperas (unha
delas, Cantuxa), seis zarzuelas, tres esceas dramáticas, catro
poemas sinfónicos, catro composicións para solista e orquestra, quince
obras para banda civil e dez para banda militar (a máis famosa Lugo-Ferrol), unha
gran misa e sete pezas relixiosas máis, catro mostras camerísticas, tres lied, unha
obra para piano, unha para coro, unha
para rondalla e algúns exercicios escolásticos. Na
súa
producción atópase frecuentemente a utilización de
melodías tradicionais de Galicia, Campo de Salamanca y
Marrocos.