| 
UN POUCO DE HISTORIA... | 
|  Fundada no ano 1828, a Banda Artística de Merza é a agrupación popular máis antiga de Galicia. O primeiro director do que se ten constancia foi Anselmo González ó que sucedería o seu neto Roxelio Otero. Baixo a batuta deste director, no ano 1930, a banda dividiuse en dúas agrupacións, orixinando así a Banda Vella dirixada polo citado mestre e por Mariano Rodríguez; e a Banda Nova dirixida por Ramón Sueiro e Manuel Blanco. O 13 de xullo de 1939 e coa dirección de Xesús Cao González vólvense a xuntar ámbalas dúas formacións. Ó longo da súa dilatada traxectoria foron moitos os directores que pasaron pola Artística, entre os máis destacados figuran: Xosé Fiuza, Francisco Beristain, Enrique González, Rafael Aladrén, Feliciano Cagide, Francisco Ortega, Enrique García Rey, Antonio Castro, Amadeo Valero (subdirector da Banda del Generalísimo), Antonio Amigo, Alejandro del Río, Miguel de Santiago, Vicente Paniagua, Xurxo Guzmán, Serge Fortin, José Rodríguez Ramos e José Luis Quintás Carreira, actual director. Do mesmo xeito interveñen importantes directores convidados coma José Casal, José Manuel Collazo, Xosé Carlos Seráns, Marcel Van Bree, Ángel Crespo ou Jan Cober. A Banda Artística de Merza ten actuado por toda a xeografía galega, e tamén en Asturias, Valencia, Cantabria, Cataluña, Portugal, Holanda e Italia, sen esquencer as xiras realizadas por Venezuela nos anos 1982 e 1992, e por Arxentina no ano 2000. Participa asiduamente en festivais e certámenes de recoñecido prestixio coma son os de Vigo, Cangas, Santiago de Compostela, Ourense, Lalín, Vila de Cruces, Catoira, Castrelo, Gres, Ordes, Meaño, Boqueixón, O Rosal, Valadares e Pontevedra en Galicia, Altea e Valencia na Comunidade Valenciana, Monçao e Trofa en Portugal, e Kerkrade en Holanda, así coma en gravacións para programas da Radio e Televisión de Galicia. En 1981 editou o seu primeiro disco titulado "Bandas Galegas", no ano 1998 o seu primeiro CD "171 Anos de Tradición Musical" e no ano 2003 o seu segundo CD "Aniversario". Recentemente, en 2010, viron a luz dous novos CD's: "A Música de Merza - Solistas" e "Merza - Un Século de Certames". Entre os premios acadados por esta banda, cabe destacar os seguintes: 
  A finais dos anos 70 comeza a súa actividade a Escola de Música da Banda Artística de Merza, que nun principio contaba con dous mestres: Amadeo Valero e Ramón Guzmán. Actualmente, dende a escola de música poténciase, ademáis do traballo individual, a asistencia a cursos e clases , a creación de grupos de cámara e a Banda Xuvenil da Artística de Merza, como reflexo do traballo realizado por mestres e alumnos. Hoxe en día a Banda Artística de Merza ten federados máis de 100 músicos, moitos deles profesionais, e está considerada unha das mellores e máis atractivas bandas de música da Comunidade Autónoma Galega. http://www.artisticademerza.es/Galego/historiag.html | 
Blog sobre historia, evolución e transformación do movemento bandístico galego
