As bandas de música na cerna da cultura popular de Galicia
CONSELLO DA CULTURA GALEGA
SANTIAGO DE COMPOSTELA
15 DE NOVEMBRO DE 2013
XORNADA
Desde hai xa máis de século e medio, veñen as bandas de música enchendo de sons no aire, as prazas e as rúas, os turreiros e as corredoiras de todo o país. Foron sen dúbida polo alcance da súa presenza, tanto numérica como cualitativamente, unha parte indispensable na vida civil e relixiosa das nosas vilas, cidades e aldeas, e, en xeral, na paisaxe sonora de Galicia. Afastadas do primeiro plano da escena cultural ao longo da segunda metade do século XX, por mor dos cambios profundos experimentados nos hábitos do consumo musical e do lecer, foron capaces de abordar nestes últimos trinta anos unha fonda renovación desde dentro e, en virtude dela, de restablecer coa sociedade galega os nexos que permiten afi rmar hoxe a súa vizosidade e confiar no seu futuro.
Tan presentes e, non obstante, tan ausentes nos espazos do pensamento sobre a cultura do país, quérese con este encontro traelas ao primeiro plano desta refl exión: evocar aquel pasado, que formaba parte de todo un mundo xa ido, aínda que presente en moitos dos elementos da nosa cultura musical actual; avaliar o estado e as perspectivas da investigación ao redor desta parcela tan relevante do patrimonio cultural inmaterial de Galicia; analizar os cambios acaecidos no seu seo nos últimos decenios –os repertorios, a actividade formativa, as estruturas organizativas, etc. Son estas algunhas das liñas ao redor das que pretende xirar este encontro, aberto e plural, como a realidade mesma das bandas de música e dos seus públicos.
PROGRAMA
16:30 h. Presentación da xornada
16:45 h. Actividades cíclicas e extraordinarias das bandas de música en Salceda, O Porriño e Tui
Xosé Ramón Paz Antón. Músico e investigador
17:25 h. A investigación dos colectivos bandísticos galegos no ámbito académico: o caso concreto da Banda Municipal de Ourense Sergio Noche García. Profesor de trompa e doutor pola Universidade de Vigo
18:05 h. Pausa
18:20 h. As bandas de música no século XXI,Xosé Carlos Seráns. Director da Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música
19:00 h. Mesa redonda
Xosé Ramón Paz Antón
Sergio Noche García
Xosé Carlos Seráns
Presenta: Luís Costa
VIDEO ÍNTEGRO DA XORNADA

